Remedios caseiros para dores musculares e articulares

Fai aínda non moitos anos, na época moza das nosas avoas, a sabedoría popular dotaba á xente de numerosos recursos para aliviar os pequenos males que padecían. A vida moderna, supuxo unha innegabel mellora na atención sanitaria mais tamén a perda deste saber popular, sustituíndose por unha ampla gama de fármacos que moitas veces nos autoprescribimos de forma pouco prudente.
Este artigo pretende mostrarnos pequenos trucos e remedios simples que podemos elaborar fácilmente no fogar, cos que acalmar as dores leves de tipo muscular e articular. Todos estes consellos non son máis que orientacións que non nos eximen de consultar cun profesional no caso de que a dor non desapareza ou mellore en poucos días.

 

Para as dores musculares

As dores musculares pode ser adecuado elaborar na casa aceite de hipérico ou de lavanda para masaxear con eles as zonas doridas. Para o primeiro, basta com introducir nun frasco de vidro escuro 1litro de aceite de oliva (mellor de primeira presión en frío) con flores e brotes de hipérico, deixándoo 20 días mínimo até que adquira cor vermella intensa. Para o segundo, podemos utilizar esencia de lavanda (de venda en herboristerías) e depositar 25-30 pingas en aceite de améndoas.

Para o mesmo tipo de dores, pero tamén para as de tipo articular é moi útil o alcol de romeo aplicado con fregas sobre a zona. Elaborarémolo recollendo unhas cantas ramas da planta, depositándoas nun recipiente dun litro, e cobréndoas con alcol de farmacia. Deixaremos repousar a mestura 3 ou 4 semanas. Ter a man unha pomada de árnica tamén nos será de grande axuda para calquera molestia deste tipo.

 

As articulacións

As articulacións dorosas poden mellorar se preparamos unha infusión que conteña a partes iguais sauce, harpagofito e ulmaria en 500ml de auga e a tomamos varias veces no día. Se ademáis lle aplicamos un emplasto de arxila, notaremos máis alivio.

Outra medida, pode consistir en colocar panos quentes sobre o músculo ou a articulación. Paradóxicamente, o frío tamén é moi efectivo, se se tolera, en ambos casos, pola súa acción anestésica e a vasodilatación reflexa que provoca. Temos que ter coidado de que non conteña escarcha e, en todo caso, aplica-lo con un pano fino por baixo. Unha bolsa de guisantes conxelados ou unha con cubos de xeo son igualmente válidos. A aplicación poderá ser fixa ou realizando unha masaxe na zona. Manterémolo até que notemos a zona dormida, que soen ser uns 15 ou 20 minutos. Podemos repetir a operación pasadas dúas horas.

 

Dor de costas

– Unha dor de costas mellorará se tomamos unha ducha ou un baño de auga quente (38º). A este último, podemos engadirlle unha infusión de 2 litros de auga con árnica, pasiflora ou saúco.

– Se a dor é nas cervicais, ademáis do masaxe con xeo nas zonas doridas ou da aplicación de calor, poden beneficiarnos uns estiramentos suaves (se sabemos realizalos correctamente) ou simplemente a presión moderada de 1 a 3 minutos nos puntos sensíbeis.

– Se a molestia se localiza na zona occipital, colocarse boca abaixo na cama deixando que a cabeza caia por un lateral, aliviará a tensión na zona.

– Para a rexión lumbar, un remedio popular consiste na colocación dunha cataplasma de berza, para a que utilizaremos as follas exteriores (por seren as que conteñen máis propiedades) e retiraremos o nervo central. Quentaremos as berzas na plancha ou no forno e aplicarémolas na zona afectada tendo coidado de non queimarnos. É conveniente tapala cun pano para consrvar mellor o calor. Manterémola durante unha hora e colocaremos outra pasado este tempo.

Calquera destes síntomas mellorará se durante eses días facemos unha dieta rica en frutas e verduras e pobre en carnes.

Elastic Tits

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deja un comentario